domingo, 16 de marzo de 2014

CUORE / VICE / CULO CARPETA



Martín leía a revista Cuore mentres deixaba sair a casquería picante do porco polo seu intestino groso. A reportaxe de "culos carpeta" tíñao totalmente fascinado e comezou a pensar nos exemplares dese tipo que tiña visto pola rúa e que permaneceran na súa memoria por algún motivo. Lembraba a Adela, a adicta ao fitness coa que pasara unha intensa fin de semana en Burgos, aquela que tiña o cú tan apaisado que ata se podía ler o xornal nel sen que se desviasen as follas. Lembraba tamén a súa prima Victoria, a que traballaba no Gadis, unha muller co traseiro amoldado ao asento da caixa rexistradora. E visualizou o cú de Amelia enfundado naqueles jeans azuis que estaban pedindo a berros unha azouta. Por non falar do de Bea, que era como unha vitrocerámica sen acender. E o de Mari Carmen, que tiña código postal propio. 

Quedou nas berzas uns minutos coas lembranzas subindo á superficie cerebral. E nestas escoitou un insulto con voz de muller, "Pallaso!". Ergueu a cabeza e veuse no espello, só no baño. Tiña a fiestra entreaberta para airear e os sons do patio de luces percibíanse con levedade. "Machista cabrón!" escoitou agora. Abriu a boca nun claro xesto de non entender o que lle estaba pasando. Limpou o cú, mal, por certo e asomouse á abertura intentando non ser visto. "Mira que andar pensando iso… eres un porco e un superficial!". Que estaba sucedendo? pensou. Alguén lle estaba a ler a mente? "Debes de pensar que ti estás moi ben… xa non eres un mozo… entendes idiota?". Non lograba ver a ninguén. Debía estar alucinando. Mirou, por se as moscas, ao seu ombreiro esquerdo en busca da voz da conciencia e nada, nin rastro. Volveu a asomarse para autoagasallarse unha explicación convincente. Cos pantalóns nos nocellos, cú en pompa e cabeza no marco da fiestra. Non había ninguén. Refregou a testa pensando volverse tolo e cando levou a vista ao oitavo piso viu a un neno cunha cámara de fotos quitándolle fotos naquela postura de pailán. Quedou como unha estatua de xeo. Que situación! Collérano nunha situación vergoñenta e non había marcha atrás nin posibilidade de corrección. Vencido polo momento, ergueu a man e extendeu os dedos da victoria coas puntas mirando ao lateral. Polo menos sair como saen narevista Vice pensou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario