domingo, 27 de abril de 2014

WHITE RUSSIAN



Emulando a El Nota, servinme un intenso White Rusian en vaso ancho e baixo. Fun ao salón, senteime no sofá e encendín a tele. Quedei fascinado uns segundos coa figura dunha modelo morena que anunciaba unha estúpida máquina de fitness e, logo, din un grolo. Escoitei que alguén me chamaba cun tono de voz esaxeradamente baixo, case imperceptible. Nun primeiro momento pensei que serían voces dalgún veciño. Durante uns segundos pasáronseme palabras que puidesen ser similares foneticamente ao meu nome. "Pose", "Tose", "Cose", "Jode", "Acose"… non sei. Volvín a oir a voz e, sí, dirixíase a min. Non sabía se estaba delirando e decidín beber o resto dun trago e comezar a desvariar de verdade. Cando subín o vaso hacia a boca, vinme entre o líquido, pequeniño, apoiado nun cubo de xeo e coa morena do anuncio a un lado. Pero que estaba pasando? Era todo aquelo real? Parece que sí. De súpeto, un rápido e forte raio de luz disparouse e cando intentaba entender que o rádar da Garda Civil non podía estar no meu salón, aparecín no vaso comigo mesmo e coa tiaza. Que situación máis rara! Non alcanzaba a comprender pero dinme conta de que a batalla mental podía deixala para máis tarde. Apostei por vivir o momento. A moza, Samantha se chamaba, con "th", achegóuseme e quitoume a roupa con suavidade. Ela estaba en bolas. O meu "outro eu" tamén. Parecía decidida a montalo cos dous e eu nunca estivera nun trío por duplicado. Agarroume o membro e díxonos en castelán: "¡Besaos cabrones!". Carallo coa de marras! Non che parecía tan lanzada facendo abdominais! "Que os beseis" - repitiu ansiosa. Era o que me faltaba meterlle a boca a un tipo coma min! Con esa barba! Comezou a mastrubarme e parou. "Si no os dais el lote, no hay premio" - dixo. Pero con que pamplina me viña? Dalle e deixate de lerias muñeca, pensei. Berrei que non cando a miña copia me estaba lanzando os beizos. Fíxenlle a cobra e din coa cabeza na parede de cristal. Samantha enfadouse e deuse a volta. A columna vertebral debuxábaselle sutilmente nas costas ao tempo que o leite con vodka atintado polo Tía María lle escorría dunha forma moi sexy. Sen darme conta, un dos xeos acabou de derretirse e o nivel do líquido subiu. Non facía pé… e, merda! eu non sabía nadar. Fun para o fondo e traguei moito Ruso Blanco. Cada vez que sacaba a cabeza (como podía) para respirar, vía (dobre) ao meu "eu bis" nadando como unha serea. Pero onde aprendera a nadar? Nun curso do concello? E, o máis importante, se ese home era eu mesmo, por que tiña capacidades que eu non tiña? Cando me estaba quedando xa sen folgos, apareceu, de novo, o raio de luz cegador e espertei na cama, deitado e suando. Todo fora un mal soño. Non quedaba outra que repoñerse e voltar á realidade. Erguinme, ducheime e vestinme. Non acostumo almorzar, ou sexa que collín o maletín do traballo e saín da casa. No portal, coincidín co presidente da comunidade. Estrañoume que se vestise esa mañán de toureiro pero non lle din importancia. Chamei o ascensor e nese tempo que subía ao noso andar falamos da cría de coellos en tempos de crise. Abríronse as portas e metímonos. Cando estábamos a piques de chegar ao cero, sacou as bandeiriñas e púxose de puntas nunha postura ridícula. Subiu os brazos e apuntoume coas puntas de ferro. "¡Va toroooo!" me cascou o moi tolo. Pero que touro nin que historias! Non faltou nada para que mas clavara no lombo cando o ascensor viuse inundado pola luz vigorosa. Espertei de novo do pesadelo, mais non estaba en ningunha cama, estaba sobre cristal, no fondo dun vaso, mollado e apoiado no que quedaba dun xeo. Só, como ao principio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario