domingo, 20 de marzo de 2011

CONTESTADOR AUTOMÁTICO

Esta é a historia dun contestador automático que dicía o que lle daba a gana. En función de quen chamara, a súa mensaxe era unha ou outra. Formaba parte dun teléfono branco deses que regalaba (ou mellor dito arrendaba) Telefónica con cincuenta mil botóns que ninguén sabe para que valen, altavoces, cable e pó acumulado.
Cando máis mensaxes acumulaba era na fin de semana, as chamadas repetíanse cada moi poucos minutos e o aparato botaba fume, eso sí que era unha xornada laboral longa. Horas e máis horas recollendo información de homes e mulleres, amizades, comercio, amor, sexo e paridas unha detrás doutra.

Cando Elena se foi traballar o Venres, o apartamento quedou nadando nun mar de silencio un par de horas ata que o teléfono soou. Rinnnnnnnnnnngggg! Rinnnnnnnnnnngggg! Rinnnnnnnnnnngggg! “ESTE ES EL CONTESTADOR AUTOMÁTICO DE ELENA MARTÍNEZ. AHORA MISMO NO ESTÁ EN CASA. SI QUIERE DEJARLE ALGÚN MENSAJE, ESPERE A OIR LA SEÑAL… PIIIIIIP!” (A primeira hora da mañán sempre era moi formal, lanzaba textos do máis standard, case robóticos). Ao outro lado, a nai de Elena. “¡Hola cariño! Te llamé al móvil y como no me cojías… me dije… estará en casa enferma… ¿Te pasa algo? Llámame en cuanto puedas que me tienes preocupada. Por cierto, te he preperado unos tuppers de fabada y un bizcocho… ¡tu preferido! ¡Ya verás! ¡Te va a consolar! Un beso. ¡Llámame!”. Sempre as nais preocupadas. Se non colles o teléfono, en vez de pensar que vas no coche ou que estás ocupado, pensan que tiveches un accidente ou que te secuestraron. Constantemente problemas, constantemente poñéndose no peor.
Media hora despois, outra chamada, esta vez, dun comercial dunha compañía telefónica que despois de oir o “PIIIIIIP” prefiriu non deixar mensaxe. “ELENA NON SE ATOPA. VAI TRABALLAR PARA INTENTAR CONVERTIR OS SEUS ANCEIOS EN REALIDADES – Castelao – PORQUE, EN REALIDADE, DO TRABALLO EN SI, ESTÁ ATA OS COLLÓNS QUE NON TEN”. O traballador, sudamericano, probablemente de Chile, non entendeu nin papa e só fai capaz de articular un silencio seguido dun “Eh…”. Colgou sen máis. Debeu ser gracioso cando se revisou a chamada na empresa para comprobar a tarefa do estresado chileno.Que putada eso de que se graben todas as chamadas de venta, verdade?
Unha hora máis tarde… Rinnnnnnnnnnngggg! Rinnnnnnnnnnngggg! Rinnnnnnnnnnngggg! “NON SEI ONDE VAI A DE MARRAS PERO POR AQUÍ NON A VEXO. SI TES ALGO IMPORTANTE QUE DICIR, QUE O DUBIDO, SORPRÉNDEME DESPOIS DA SINAL… PIIIIIIP!”. “¡Joder! ¡Vaya mensaje niña! En fin… Oye Elena, soy Conchi, te llamo por lo de la cena de mañana. Ya está reservada. V a a ser en el Restaurante Encontros de la calle Pérez Durán. Menú cerrado de 36 euros, entrantes variados, tres segundos a elegir, café, postre y chupito… y ya sé que esto último es lo que te va a ti… ¿eh borrachita? Venga, un beso. Hablamos”.
A seguinte chamada non foi ata as sete da tarde. Susana, outra amiga que se apuntara para a cea ao aparato. “SI?” “¿Elena?” “…” “¿Me escuchas Elena?” “PIIIIIIP!” “¿Elena? No entiendo nada… ¿estás ahí? ¿Es el contestador? En fin… ¿Hablaste con Conchi? Ya está todo preparado. La vamos a montar bastante gorda parece ser… Pégame un toque cuando puedas, ¿ok?” Que vacilón o contestador! Amaga con ser Elena para confundir ao chamante.
Só dez minutos despois… outros tres timbres. “RESIDENCIA DE LA SEÑORITA MARTÍNEZ. EN ESTOS MOMENTOS, LA BORRACHITA NO PUEDE PONERSE PORQUE ESTÁ SALIENDO DEL TRABAJO Y ESTARÁ PONIÉNDOSE PODRE DE KALIMOTXO. SI LO DESEA, DÉJEME SU MENSAJE Y MAÑANA A MEDIODÍA, CUANDO SE DESPIERTE CON LOS OJOS ROJOS COMO EL PENE DE UN PERRO, LE DEVOLVERÁ LA LLAMADA… PIIIIIIP!” “Que tal Elena? Non sei que broma é esta pero bueno… chámote da Asesoría Foz de Perlas. Podes vir polos papeles cando queiras. Abrimos mañán de dez a unha. Nada máis. Un saúdo e espero que escoites esto antes do mediodía claro. Adeus”.
Ao pouco, Rinnnnnnnnnnngggg! Rinnnnnnnnnnngggg! Rinnnnnnnnnnngggg! “QUEN ANDA POLO TUBO? PIIIIIIP!” “Eh…. Elena? Ey!...” Colgaron e uns segundos máis tarde… Rinnnnnnnnnnngggg! Rinnnnnnnnnnngggg! Rinnnnnnnnnnngggg! “QUE QUEN ANDA POLO TUBO… DIGO? OU NON OES? PIIIIIIP!” “Elena?..” Sabe deus quen era.
Non era cedo pero Elena, os Venres, tardaba en chegar, gustáballe tomar algo con Anxo, un compañeiro de traballo que lle gustaba desde había uns meses e que estaba recén separado.
Volveu soar o aparato. “BUENAS NOCHES! NOMBRE DE CABALLERO DE OCHO LETRAS QUE EMPIEZA POR LA LETRA ‘A’ Y TERMINA POR LA ‘O’… CARIÑO… SOLUCIÓN? PIIIIIIP!” “¡Hostias! Jajajajaja… Pues yo que sé… eh… Alejandro mismo… no sé… pero a todo esto debo de haberme confundido”. Colga e volve a chamar. “ESA NO ES LA RESPUESTA CORRECTA. MÁS FÁCIL CARIÑO… MUCHO MÁS FÁCIL. RECUERDA, COMIENZA POR ‘A’ Y ACABA POR ‘O’. VAMOS! TIENES UN INTENTO MÁS. DIEZ MIL EUROS PUEDEN SER TUYOS SI ME DICES UN NOMBRE. NO QUIERO TONTERÍAS… QUIERO LA RESPUESTA… CARIÑO… SOLUCIÓN? PIIIIIIP!” “¡Me cago en la puta! Me he vuelto a confundir. ¿Pero esto que es? ¿No estoy llamando al 981******?”
Case de seguido… Rinnnnnnnnnnngggg! Rinnnnnnnnnnngggg! Rinnnnnnnnnnngggg! “SON ‘THE CONTESTATOR’ E ELENA NON ESTÁ. QUERES ALGO? EH? DI? DI? QUE PASA? TES MOITA PRÉSA? EH? TES MOITA PRÉSA? ALGÚN PROBLEMA? NON SABES ESPERAR? POIS UN POUCO DE PACIENCIA… E NON ME CHILLES NO OÍDO… ENTENDES? PIIIIIIP!” “¡Cuanta agresividad Elena! ¡Por favor! Soy Anxo… quiero dejarte este mensaje porque cuando llegues de… hoy sí… Follar conmigo… espero que con tanta agresividad como este mensaje que tienes en el contestador… sepas que te hecho ya un poco de menos y que mis dedos huelen a tu coño. Ahora, en mi cama, vuelvo a desearte. No tienes más que darme un toque y me paso por tu casa para volver a follarte. Aqií me tienes… esperando”. Vaia crack o Anxo este. Canto me dá que Elena lle vai durar moi pouco, non tardará en cansarse dela e cambiar de tía.
Pasou unha hora, eran as nove e media e o crego da parroquia chama a Elena para dicirlle que a súa intención de facer unha colecta de roupa para nenos necesitados lle parece unha boa idea. “IMOS VER COMO CHO EXPLICO TÍO… ELENA ESTÁ AHORA MESMO CANTANDO O ‘ONLY YOU’, TEN QUE ESTAR BOTANDO UN SANTO QUIQUI AGORA MESMO QUE DEBE TER AS PERNAS DO REVÉS. NON CHE DIGO MÁIS. MANIOTAS NON, O SEGUINTE! ANXO ESTÁ XOGANDO CON ELA ÁS CANICAS E DEBE LEVAR POLO MENOS… CATRO OU CINCO GUÁS. PIIIIIIP!” “Esto tiene que ser un error… ¿Padre Miguel? Venga aquí un momento que debí de marcar mal… yo con las nuevas tecnologías no me entero”. Colga e inténtao o Pai Miguel de novo. Rinnnnnnnnnnngggg! Rinnnnnnnnnnngggg! Rinnnnnnnnnnngggg! “ O CONTESTADOR DA FUCKER Á FALA. ELENA ESTÁ PINCHADA NESTE MOMENTO. CICCIOLINA AO SEU LADO É COMO UNHA MONXA… MON-XA… MON-XA… MON-XA… MON-XA… MON-XA… MON-XA… XA-MÓN! PIIIIIIP!” “Pues esto… creo que está mal padre, deben de estar las líneas cruzadas. Voy a colgar porque no sé que me acaban de decir de pincharme con una faca…”
Ás dez e media da noite volve a soar o teléfono tres veces. “ELENA MARTÍNEZ NON ESTÁ. FOI POÑER UN SUPOSITORIO Á CONSULTA DE ANXO, O MÉDICO. CANDO VOLVA NON VAI TER TEMPO DE CHAMARTE PORQUE SE VAI POÑER MALA OUTRA VEZ E ESE MÉDICO VAI TER QUE FACERLLE UNHA VISITA A DOMICILIO PARA POÑERLLE UN PAR DE INXECCIÓNS. ADEMÁIS, MAÑÁN, TEN QUE IR POR UNS PAPEIS Á ASESORÍA E DESPOIS REZAR UNS AVEMARÍAS Á PARROQUIA POR TOMAR TANTA MENCIÑA. ASÍ QUE… ATA O SÁBADO POLA TARDE… NIN PUTO CASO CHE VAI FACER. PIIIIIIP!” “¡Cariño! No sé que broma es esta pero me parece de muy mal gusto. Si te llega a llamar tu padre… te deshereda. Haz el favor de llamarme ya si no quieres que vaya yo a buscarte”.

4 comentarios:

  1. Jajajaja.....esta vez superáchete....
    3 LOL!

    ResponderEliminar
  2. A ver se acertas o que fixen mentras lin esta entrada?
    ;)

    ResponderEliminar
  3. Pois estou entre falar por teléfono, "xogar cun edding" ou escoitar as mensaxes do teu contestador.

    ResponderEliminar