domingo, 13 de marzo de 2011

SIGLAS

Se hai algo que de verdade importante neste mundo, eso son as siglas. Nin o amor, nin a liberdade, nin o aforro enerxético, nin o traballo, nin o quecemento global, nin a política, nin as drogas, nin a educación dos nosos fillos e fillas, nin os medios de comunicación, nin as vacacións e festas locais, nin o sexo, nin a comida, nin a economía, nin as ofertas do Gadis, nin o deporte, nin a literatura, nin o cine, nin a arte, nin os idiomas, nin ainformática, nin sair de festa, nin a memoria histórica, nin as normas de seguridade vial, nin a roupa interior, nin a saúde, nin o Ipod, nin as chopetadas (lambetadas) sequera… as SIGLAS! Tanto se sabemos o significado de cada unha desas letras como se non, porque sabedes que cando estas se xuntan e forman unha palabra forman os ‘acrónimos’ que teñen significado por si mesmos.

De que vale coñecer a unha rapaza estupenda e vivir unha historia de amor de cine se para saber quen é realmente temos que saber o que é o “DNI”? “DNI”, Documento Nacional de Identidade, esa merdiña plastificada que levamos na carteira e que tantas veces perdemos, esa tarxeta que hai que renovar (e pagar) cada ‘x’ anos tendo que soportar longas colas para facelo.

E que pasaría se imos ao médico e despois de facernos unhas probas nos di: “Ten vostede “SIDA”? Pois teremos que saber que é o Síndrome de InmunoDeficiencia Adquirida e non pensar que é algo que se nos pasará cunhas doses de Ibuprofeno.

Logo temos outras como “a.C.” e “d.C.” que nos serven para situarnos na cronoloxía histórica dunha maneira que nunca entendín moi ben. Antes e Despois de Cristo. Pero quen carallo é ese? Se nin sequera hai probas de que existise. Temos que guiarnos en función da fé de algúns… Para eso eu preferiría que fose Antes e Despois de Danny Succo, postos a facelo en funciín da ficción… Ou se é baseado en realidade, molarían moito máis as siglas “a.J.B.” e “d.J.B.”, Antes e Despois de Jeff Buckley.



Tamén temos cousiñas como “CIA” e “FBI”, eses alucinados que tanto impresionan nos filmes e series de televisión e que asociamos a traxes de cor gris claro, bigotes e caras serias. Central Intelligence Agency (Axencia Central de Intelixencia) e Federal Bureau of Investigation (Oficina Federal de Investigación). Unha vez, de pequenos, pregunteille ao Tano que quería dicir FBI. Díxome “E eu que sei… (pensou un par de segundos)… e será… Fútbol Baloncesto Internacional”.

E que me decides da nosa abreviatura “etc.”? Que preciosidade! Canto nos axudou nos exames do instituto… “Escriba o nome dalgúns poetas galegos”. “Uxío Novoneyra, Rosalía de Castro, Manuel María, etc.”. E listo! No estcétera vai moito coñecemento implícito de noso señor.

Cando no telexornal din que desde o “FMI” se di tal cousa, sabemos xa que non vai ser nada bo, que serán malas novas porque o Fondo Monetario Internacional só toca os collóns, só nos informa do fodidos que estamos desde as súas luxosas oficinas, desde as súas butacas de pel de Le Corbusier. Ou cando din algo da “ONU” (Organización das Nacións Unidas), da “OTAN” (Organización do Tratado Atlántico Norte), da “UE” (Unión Europea) que sabemos que nada vai importar porque aquí, quen manda, é “USA” (United States of America) eses das barras vermellas e brancas con cincuenta e pico estrelas, que mira que son importantes que ata lle coñecemos outras siglas, “EEUU”.


Houbo unha época na que estiveron de moda os “OVNIS”. Unha ducia de casos ao día de avistamentos de Obxectos Volantes Non Identificado’S. Na Costa da Morte, en Wisconsin, en Pekín, en Cidade do Cabo, en Oslo, en Melbourne, en San Petersburgo, en Asunción, en Salvador de Bahía, en Gaza… en todos os sitios. Un virollo con cara de alucinado dicía que lle aparcaran na chousa da casa, un chino co maletín do traballo na man contaba que estivera cantando nun karaoke con extraterrestres, un granxeiro estadounidense comentaba que lla enchufaran por atrás á súa muller, un musulmán choraba porque os extraterrestres entraran con All Star nas mezquitas… así a diario.

Por outra parte están as “ONG’s”, Organizacións Non Gubernamentais, que nunca entendín moi ben como se financian para poder facer todo o que fan. Son aquelas coas que nos gusta colaborar con donativos ou afiliacións para limpar a nosa conciencia, aproveitando que desgrava en facenda, sexa dito de paso.

Algo bonito é a “REM” (Rapid Eye Movement), unha fase do sono que ao que lle interese pode consultar porque é un dos temas máis interesantes sobre os que se pode ler… en serio… non é broma. De aquí ven tamén o nome dunha das miñas bandas de rock favoritas.

Anda por aquí igualmente o “CI” (Coeficiente Intelectual). O “CI”? Carallo! Unha vez, o psicólogo Salesiano Emilio Cabanelas díxonos a min e a miña nai que o meu CI non era moi alto. Eu mirei para a cara de miña nai e púxose algo triste, as cousas como son. Uns días despois, no Día da Familia cando viu a miña axilidade xogando,o meu boletín de boas notas [todo “PA” (Progresa Adecuadamente) menos o “NM” (Necesita Mellorar) en Relixión], o meu premio nun concurso de contos e a miña precocidade tocándolle o cú e as peras a Celia, deuse conta de que o gafudo Cabanelas ao mellor se equivocaba.

Precisamente en relación cos lugares onde estudamos, temos “CEIP” ou “IES”. Como nos fastidiaron con estas, eh? Co doado que era eso de colexo e instituto, verdade? Pois non! Colexo de Educación Infantil e Primaria e Instituto de Educación Secundaria.

Lembrades cando “BUP” (Bachiller Unificado Polivalente) pasou a ser “ESO” (Ensino Secundario Obrigatorio)? “ESO? Que é eso? ESO é eso… o que estudan agora…” dicían os maiores. Vaia cacao!



Logo hai outras que parece que non lle gustan moito á xente. É o caso de “SGAE”, “ISBN” ou “DGT”. Sociedad General de Autores y Editores, International Standard Book Number e Dirección General de Tráfico respectivamente. Por culpa da primeira (e creo que eternamente tamén de Ramoncín) un coro de nenos de barrio tivo que pagar por cantar unha de Mocedades nunha actuación para recaudar fondos para a orfandade. A segunda, ou a súa ausencia máis ben, fai que moitas publicacións sexan invalidadas en concursos-oposicións, o cal, por outra parte é completamente lóxico. A terceira acaba de rematar coas fantasías de moitos tunings de conseguir a velocidade da luz en vías rápidas (pero tamén de cumprir os seus desexos de pulir os puntos do carné en menos de un día).

Chegamos xa a siglas que nos marcaron como “ACB” ou “NBA”. A Asociación de Clubes de Baloncesto é a liga española, onde manda o Barça (claro) e onde xogaron Audi Norris, Joe Arlaukas, Cornie Thompson, Sabonis, Bannister, Rafa Vecina, Morales, Ferrán ou agora ‘a Bomba’ (a súa maxestade) Navarro. A National Basketball Association era aquelo que antes molaba e que agora non hai quen chegue máis alá do descanso. Por ela pasaron os mellores equipos da historia dese deporte: os Bulls de Michael Jordan, os Lakers de Magic Johnson, os Celtics de Larry Bird ou os Pintons de Isiah Thomas.

E que sería dos periodistas do corazón sen a estación do “AVE”, o tren de Alta Velocidade Española? Eses intercambios de Andreíta entre a Campanario e a Esteban, ese Fran Rivera coa raia ao lado, esa preciosa Vicky Martín Berrocal sen maquillar e con gorra… esa cor laranxa de Atocha, eses billetes máis caros que os de avión.



Non quero esquecer a “NASA”, claro que no! A National Aeronautics and Space Administration... e veña cohetes na base de Columbia, e veña merda para o espazo, e veña home na lúa (por certo, alguén sabe porque non voltamos? A min esto non me cadra moito dado o noso espíritu colonizador… pegábanos máis facer alí unha sucursal de Las Vegas ou un ‘Disney World in the Moon’. Non sei eu…).



A “RAE”, eh? Que cousa máis importante! Vaia pasada pertencer á Real Academia Española, ser un dos seus membros… ahí… cun deses enormes sitios de madeira co nome dun… e con esa pailanada de gorros que levan coas borlas dando nos ollos seguido… que chulada!... Aínda que só sexa pola cantidade de veces que os profes nos fixeron copiar definicións dese diccionario…

“UNICEF” é a publicidade que leva o Barça de fútbol na camiseta… pero sabemos o que significan esas letras? Queren dicir United Nations International Children’s Emergency Fund que é o Fondo Internacional das Nacións Unidas para Emerxencias da Ingancia.

Algo que non é unha lectura nin agradable nin distendida son o “BOE” e o “DOG”, esto é, o Boletín Oficial do Estado e o Diario Oficial de Galicia que se publican día a día anunciando todo o relativo a educación, xustiza, sanidade e demáis asuntos da vida do Estado.

Hai outras que te poden deixar con cara de boba se non se sabe o seu significado. Imaxinade que estamos no chat dunha rede social e despois de facer unha broma ou facer unha gracia, respóndenche cun “LOL”. E esto a que ven? Pensaríamos sen teclear nada. Estará querendo poñer LOLA e esquecería a A? Será o nome de algunha amiga? ou que hostias pasa aquí? Estas letras queren dicir Laughing Out Loud ou Lots of Laughs, en galego, moitas risas ou risas ruidosas. Polo tanto, o interlocutor só quería manifestar a gracia que lle fixo o teu comentario.

O “IVA” (Imposto sobre o Valor Añadido) tampouco é algo que guste moito ao público. Moita xente pensa que os impostos non están ben e menos este que acaba de subir. A min dame igual se digo a verdade.

A máis ridícula é “VIP”, Very Important People, persoa moi importante... e quen sabe quenes son estas persoas? Supoño que Guti, Pepe de Gran Hermano, Karmele Marchante, Coto Matamoros… uns que mellor serían VPP, Very Peido People.

Para rematar xa, comentarvos que un pequeño matiz pode marcar unha grande diferencia. Así, “UC” non é o mesmo que “UdC”. A segunda é a Universidade da Coruña e a primeira é a Universidade de Carabobo en Venezuela. Eu non sei vós pero podendo elixir, non me decantaría por estudar nun lugar que se chama Carabobo.



Non quero esquecer as siglas “MILF”. E que é esto vos preguntaredes algúns… pois é simplemente algo que os amantes do porno saben moi ben. Significa Mother I Like to Fuck, é dicir, nai á que me gustaría chingar. Veñen a ser mulleres en idade de ser mamás de fillos de polo menos a idade do que observa (por eso do morbo, xa sabedes). As maduritas de toda a vida!




Sen as siglas non poderíamos vivir, sen as siglas non seríamos nada, sen elas non existiríamos… e por iso, VIVAN!

2 comentarios:

  1. Esto está de PM, e creo que non fai falla dicirche o significado. Coma sempre, fixéchesme rir, tanto que podería poñer un "LOL" ben grande. Moitos bicos...

    ResponderEliminar
  2. Moi boa a entrada desta semana Jose!...só hai unha cousa que non che permito...meterte cos gafudos...aínda que sexan salesianos....LOL
    ;-)

    ResponderEliminar