domingo, 27 de marzo de 2011

ORTEGA CANO, VALENCIA, PASTILLAS E BACALLAU... PERO NON AO PIL PIL

Ortega mirou, cansado o seu reloxo Casio negro (que tiña para traballar na finca de seus pais) que marcaba as dez da mañán. Era hora de voltar para a casa. Atrás quedara toda unha noite de festa, a primeira de moitas que quedaban por diante nesa filosofía de desfrute que era a Ruta Destroy, máis coñecida como Ruta do Bacallau, “unha evasión hacia a liberdade sen concesión”, “sen prhibición nin límite”. Como os seus practicantes dicían, “…ata o amencer e máis alá…”
Eran os oitenta, época de ombreiras e peinados imposibles, de teclados horteras, de Almodóvar con pendientes ata os pés, de drogas por e para o sexo, de desinhibición, de despertar pseudoartístico. Eso nunha parte do país, claro, en outras como Galicia, o caldo seguía mandando á par do canallismo de Vigo, do literaturismo coruñés e do militarismo político de Compostela. No Mediterráneo, en Valencia, arrasaba o bacallau, non o peixe, a movida nocturna e diaria. Lembrades a Chimo Bayo ou a Paco Pil? Voilá! Pero non era só eso eh!


O Venres seguinte, Ortega Cano, Isma, Flipe, Charlie e O Rulas saíron desde Torrevieja hacia a Ruta naquel Renault Cinco Copa Turbo que máis que un coche era unha mini nave espacial. Ortega non traballaba, vivía de seus pais (que tiñan unha finca con gando etiqueta negra), Isma era carniceiro nun Spar (o súper de moda), Flipe curraba limpiando nun museo, Charlie era o socorrista nunha piscina municipal e O Rulas pasaba pastillas nas saídas dos instis. Abandoaban a monotonía de entre-semana para entregarse en corpo e alma ao ocio da fin de semana. Chegaron a Valencia sobre as dez da noite e comezaron a beber cervexas en diferentes bares, uns de vellos, outros nos que xa se vía xente coa que se compartiría toda a noite, ou mellor dito, todo o finde. Era o inicio light duns mozos que buscaban a evasión. Á unha da mañá entraron cos petos cheos en Barraca, disco precursora da Ruta Destroy. Dentro soaba Kraftwerk, Ultravox e Vicius Pink e os primeiros pasos de baile mecánico deixábanse ver. Flipe, o máis desfasado, berraba un “¡Arriba Torreviejaaaaaaaaaaaaa!” e todos saltaban emocionados dirixíndose hacia a barra para pedir as primeiras copas. Entre sons alemáns e luces que guiaban almas, os cinco comezaron a suar as camisetas e a deixarse levar pola rápida inxesta de alcool. “¡Que desfaseeeeeeeeeee!”, “¡Llevo toda la semana esperando para oir esto!”, “¡Me cago en dioooooooooossss!”, “¡Mira que bragas lleva la rubia!”, “¡Yo, hoy, me cago por mi!” ou “¡Hay que ponerse hasta las cejas!” eran frases que se escoitaban cada pouco. Veña baile, veña camisetas pingando, veña cubatas e veña risas por todo. Á media hora, viaxe aos baños para irlle dando á Mescalina, que os excitaba e os estimulaba para moverse ao ritmo desa música frenética. Ao sair do baño, Ortega Cano adicáballe un piropo animal a unha morena catalana que bailaba en suxeitador, “¡Oink!” e a escarallarse de risa cos demáis. Avanzaban uns metros e Isma tocáballe unha cacha a outra e dicía “¡Esos muslos no los hay en el súper!”. Máis risas. E tortazo tipo bistec. Era igual, todo valía. No centro da pista movían os brazos como se fosen muiños nun alarde de motricidade. A Ortega gustáballe, ademáis chascar os dedos coma Tennesse nos videoclips. Desde que o facía non tardaba en arrimarlle a cebola a algunha que houbera por alí e ela seguíalle o xogo movendo o cú como unha maraca que provocaba o quecemento dos cinco, aínda que foi só Ortega, claro, o que comezou a mazar coa señorita. Logo de intercambiar unhas cantas palabras e de uns chupitos na barra, foron aos baños a intercambiar fluídos e a poñer os baixos dos pantalóns cheos de mexos. O Rulas que o vira irse, seguiuno e facíalle ritmos na porta mentres se anticipaba cuns cánticos a un éxito posterior, “Daaale, daaaale-don, daaale…” Ortega acabou a faena e volta á pista beber máis copas e a menearse sen sentido. Faltaba Isma que discutía cunha chavala encima dunha gogotera. Charlie pasaba de todo, só miraba para os lados e movía a cabeza arriba e abaixo, desaparecía dentro de si mesmo nun exercicio de introspección único. Cada un á súa historia ata que se reuniron no punto central da pista, onde lles encantaba estar porque é onde se cocía todo, e entre o alto volume puxéronse dacordo para cambiar de discoteca.


Era o turno de Chocolate , un lugar cunha aposta musical máis radical e vibrante. Durante o traxecto en coche, outra viaxe máis de Mescalina e para dentro. Estaba abarrotada. Centos de persoas bailando sen parar, o dj meténdose un tiro sobre un vinilo, rapazas medio en pelotas rozando a palometa contra o xeonllo de morenos descamisados, morenos descamisados que lambían o pescozo de tías que lles agarraban os paquetes… Máis baile, moito máis baile e PUM, PUM, PUM, PUM. Os latexos ao ritmo dos graves dos altavoces, a caluga sufrindo movementos violentos e Charlie nunha esquina bailándolle á parede. Os outros catro, cos vasos nas mans, tarareaban as cancións mentres unhas alemás se lles acercaron a tontear nun castelán rudimentario, italianizado e arxentinizado, “¡Ciao guapos! ¿camo estás?” / “Eh… nosotros bien ¿y vosotras?” / “¡Chévere! Jajajajaja” / “¿Quereis tomar algo y luego…? Jajaja” / “Jajajajajajajajaja (sen entender nin gota) Sí, sí, sí, jajajajajajajaja”. Ao pouco estaban tocándose todo o que se pode tocar, con dúas ducias de cubatas sobre a barra que, por suposto, pagaran os pardillos.


Pouco tempo despois saíron do local coas titis rumbo á Spook Factory, unha disco máis psicodélica e excéntrica onde a todas horas soaban Front 242 e onde a música industrial se apoderaba dos corpos. Aquí, non había presión social e o libertinaxe era a nota dominante. Segundo chegaron, o primeiro que fixeron foi unha visita ao baño para catar o speed que horas antes se encargaran de mercar as xermanas. Enseguida notaron o subidón, sobre todo Ortega Cano, que estaba con Claudia pechado nun dos mexadeiros e que esnifou mentres a outra lle chupaba a verga. Correuse mentres se metía o tiro. Xuntáronse de novo na barra onde pediron varias rondas de lingotazos de vodka. O toque ruso deulles un punto que os animou a bailar como se estivesen tolos ao ritmo daquel psiquiátrico techno. As percusións acelerábanlles os corazóns e impulsábaos a lamberse a pel. Cada un coa súa… e Charlie pegado á cabina do dj cos brazos levantados abrindo a boca e botando a cabeza para atrás. Non había momento máis feliz para eles, aquello era o paraíso. Decibelios e xente pegada que actuaba como marionetas do pinchadiscos nun teatro de evasión. As alemás estaban descubrindo España dun xeito que non tiña prezo da man duns rapaces sen complexos con ganas de divertirse. Comíanse a boca uns con unhas, O Rulas con Steffi, Isma con Michelle, Flipe con Sandra, Steffi con Isma, Sandra co Rulas, Michelle con Flipe, Isma con Sandra, Michelle co Rulas, Steffi con Flipe… e Ortega e Claudia sempre xuntos, unha conexión real. Viaxes á barra, baile, volume alto e tema tras tema. Así pasaron as horas ata que chegou o momento de cambiar de sitio. Era tempo de Puzzle polo que largáronse de Spook e ao sair, os primeiros raios do sol apoderábanse do aparcamento onde se prevía un entorno inmellorable para que as alemás probasen a mescalina dos valencianos. Sen entreterse moito, cambiaron.


Nada máis entrar en Puzzle, o incrible xogo de luces con aqueles robots tan modernos aumentaban as ganas de festa e, xunto ás drogas, impedían que o cansancio debilitase unha noite memorable. Entraron saltando collidos polos brazos, salpicando suor e coas melenas das rapazas movéndose dun lado ao outro. Que noite tan fantástica estaba sendo aquela! - pensaban. Un tipo na barra vendía speed e cando elas se dirixían a el para comprar provisións, O Rulas díxolles que non facía falta, que a súa farmacia abría 24 horas e que por sustancias non ía ser. Ao mesmo tempo lembráballes que baixaran o ritmo que a finde era moi longa. Todo esto rematouno cun último “babies”. Claudia, Michelle, Sandra e Steffi alegráronse tanto que non deixaron que eles pagaran unha soa ronda de copas, chupitos e demáis alcool. E foron catro ou cinco. Charlie tamén estaba convidado aínda que seguía ao seu no centro da pista ata que unha delas o colleu e o levou ao baño. Metéronse nun individual e comezaron a mazarse. El botoulle man ao coello e comezou a frotarlle o guisante sabendo moi ben o que facía. Ela botou a cabeza para atrás e a lingua fóra para repasarse os beizos. Pouco tardou en baixarlle ao pilón mentres ela se retorcía de gusto. Con parte da cara mimetizada coa súa vaxina, ela meteu a man nos axustados jeans e sacou unha píldora rosa cunha cruz debuxada que se colocou na lingua mentres chegaba ao orgasmo. Cando Charlie se levantou tiña cara de atontado, como un borbón despois dunha inmersión de buceo a vinte metros de profundidade. Ela colleuno polos extremos da cabeza, subeuno ata a súa altura e compartiu a pastilla con el a través dun intercambio de saliva no que ela descubreu o sabor da súa pipeta. Cando voltaron á pista dúas horas máis de baile co resto de compañeiros que se tocaban e bailaban ao ritmo de Cretu, Farm e Movement. Risas, roce corporal, movemento, luces e PUM, PUM, PUM, PUM. O paraíso de novo. Así ata as doce e media do mediodía que foi a hora na que decidiran que debían retirarse… non para a casa… non. No parking as amables xermanas suxeriron un non-stop-the party no seu hotel e aceptaron sen dubidar. Colleron o coche e voaron ata o La Hacienda, de catro estrelas, un lugar que eles non se podía permitir e que lles amosaba a diferencia económica e social entre ambos países.
Aparcaron o coche xusto enfronte do complexo e mentres unhas falaban das súas cousas en alemán, os outros colleron as mochilas do maleteiro, esenciais neste tipo de fins de semana, para levar a muda, o tabaco e os produtos de hixiene. As tías tiñan reservadas dúas habitacións nas que acabaron co minibar mentres xogaban a verse espidos, a oralizar co sexo e a ver como o que había entre Ortega Cano e Claudia era algo parecido ao amor que pola súa velocidade chamaron ‘fast clip’. Duchas rápidas, remexer entras mochilascambio de roupa, un pouco de espello e esperas na recepción cunhas cañas. Despois fixeron unha visita rápida, cada un aos seus caixeiros, e elixiron un lugar no que comer. Non se alonxaron moito, decantáronse por un italiano xusto dobrando a esquina e que tiña unha fresca terraza na que se asentaron co nerviosismo dos efectos residuais das drogas que tiñan no corpo. Comida lixeira a base de ensaladas e pizzas variadas que acompañaron cunha grande cantidade de auga para hidratar os seus desgastados organismos. Eso sí, para a sobremesa, xa lle deron ao gin & tonic. Un cada un. Elas, zumes de tomate. Quedaban unhas cantas horas, como catro máis ou menos, para que a lavadora (como lle chamaban) comezase de novo a xirar. Decidiron ir tumbarse na herba dun parque e intentar conciliar un par de horas de sono. Baixo unha árbore, á sombra, descansaron, misturados, tocándose, menos Charlie, que estaba sentando contra o tronco movendo a cabeza ao ritmo, aínda, da música da noite pasada. Logo foron espabilando e os temas de conversación nun cutre multilingüismo sucedéronse ata as oito da tarde. Levantaron o campamento e para o primeiro bar. A dor de cabeza da maioría era case insoportable e o cansancio facíalles arrastrar os pés pero tiñan a solución: o speed. Prepararon unhas lonchas nos aseos e a barra de enerxía foi subindo, como nos videoxogos. A cervexa proporcionaba unha frescura que nese momento se necesitaba. Tomaron bastantes ata a unha da mañán. Ían de bar en bar misturándose coa xente coa que compartían plan de finde.


A Ruta do Bacallau continuaba coa mesma orde inicial que a noite anterior, Barraca, Chocolate e Spook Factory foron os testigos de máis consumo de sustancias legais e non legais, de sexo veloz, de PUM, PUM, PUM, PUM compartidos e dun amiguismo de superficie pero feliz. Ao sair de Spook tomaron a alternativa de ir a Espiral que estaba un pouco apartada pero que merecía a pena con aquela piscina interior en forma de chocho xigante. Xa dentro, o descontrol era importante e houbo moita dose de vómito e sangue pola tocha, sen deixar de lado o desfrute, claro. Bailaban como auténticas máquinas industriais, como autómatas, sobre todo Charlie, que xa non lembraba por que estaba alí nin con quen fora. As alemás dentro da piscina comezaban a tontear con outros alemás que ficharan en Chocolate e que estaban en mellores condicións que O Rulas, Isma, Ortega, Flipe e Charlie. Chocaban contra as columnas sen deixar de bailar, cos ollos mirando ao teito, abrazándose entre eles e con ganas de poder darlle a un botón e aparecer nas súas respectivas camas en Torrevieja. Aínda así, non desfaleceron e continuaron desfacéndose. Había que aguantar. Pedían copas que non podían nin acabar, reptaban pola pista pero sen deixar de escoitar a música, sen deixar de bailar, á súa maneira. Agora, as súas caras eran máis ben como un semáforo e unha señal de prohibido estacionar e aparcar todo xunto.
A disco foi pechando e fóra, no parking, comezaba outra zona tecnolóxica con máis speed, máis pastillas e máis alcool. Os nosos cinco intentaron relacionarse con outras persoas pero todos eles eran zombies que xa non falaban, só rían e tocaban. Os Ford Fiestas, Seat Ibizas, Peugeots 205, Opel Kadetts e Renaults 19, coas portas abertas deixaban sair o son ensordecedor do bacallau máis podre de toda a noite.
Esa noite, Ortega e compañía, durmiron no coche, non había esta vez. Hoteis catro estrelas nin alemás con ganas de comer rabo. Estaban sós, cun día seguinte para morrer vivindo e cun pasado mañán moi duro de traballo ou estudo.
Eran case as dúas da tarde do Domingo cando abriron os ollos no Copa Turbo baixo unha temperatura demencial, castigo do Sol valenciano. Sen estirarse sequera, encenderon o carro e colleron a estrada hacia Torrevieja, camiño da casa. Pararon na primeira gasolineira que había e cargaron de botellas de auga para o traxecto. Durante o mesmo, ninguén falou con ninguén. Isma e Flipe durmiron, Ortega pensaba en Claudia, O Rulas cagábase en todo mentres refregaba a cara e Charlie lía o “Ulises” de Joyce coma se nada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario