domingo, 8 de enero de 2012

WINNIE THE POOH É O PRESIDENTE DA MIÑA COMUNIDADE


Os presidentes das comunidades de veciños (tamén os das comunidades autónomas e países) teñen que ser persoas respetables e respetadas, grandes solucionadores de conflitos, xente comprensible, paciente, sociable, con dotes explicativas… ou simplemente, persoas espabiladas, non pido máis.

Eu non teño sorte. Aquí, en Pontevedra, tocoume un presidente do máis apático, moi borde, incapaz de facer nada por un, chamámoslle Winnie The Pooh. Non fai moito, tivemos (en catro ocasións) problemas coa calefacción, que é comunitaria, e recurrir a el foi como acudir a un charcuteiro para facer un moble.

Fixo un frío de moito carallo no piso durante tres días e entón decidimos baixar ata a segunda planta onde vive Winnie e comentarlle o que pasaba. Non tardou en subir, en pixama e cunhas zapatillas de casa desta personaxe de debuxos animados. Despois de escoitar as nosas explicacións sobre o problema e sen mirarnos tan sequera á cara, pousou unha das súas mans sobre o radiador e dixo "Esto va a ser problema vuestro… en nuestras casas no pasa… seguramente sea algo de los radiadores…". Estámosche ben! Deuse a volta e para o seu nido de calor. Nós quedamos naquel frío ambiente que por poñer algo positivo, polo menos endurecía os pezóns femininos e eso, sempre resulta gratificante.

Os radiadores estaban purgados (que palabra máis fea!) e requetepurgados (e esta aínda máis!) polo que non entendíamos o que sucedía. Cando lles deu a gana volveron a quentar.
Uns días máis tarde, a voltas co problemiña. Un frío que pelaba! Baixei ata o segundo piso para intentar solucionalo e obtiven unha porta pechada por resposta. Sentinme como un destes pobres que van pedir limosna e ninguén lles abre a porta, ignorado e marxinado ao sentir como alguén desde dentro mira pola mirilla da porta e fica alí, respirando e inmóbil. Timbrei dúas ou tres veces máis e nada. Tivemos que estar un día máis conxelados.

Ao día seguinte, baixou Eva ou Carla (non lembro) e tiveron a sorte de ser recibidas polo grande Winnie The Pooh. Alí estaba el para arranxar o que fose. O carallo arranxou! Empezou cos seus rollos de evadir culpas e soltou outra das súas perlas: "Pues no entiendo lo que pasa… es cosa vuestra seguro… aquí nos achicharramos de calor". Jejejejejejejeje (risa sinónima de contar ata dez… ou ata vinte, para tranquilizarse). Nese momento, co frío metido nos ósos, o que merecía aquel tipo era secuestralo e metelo en tanga nunha cámara frigorífica de carne durante sete ou oito días. El estaba alí, no seu forno, quentiño, e nosoutros dando as denteladas. Será cabrón!

Ao final e despois de moito insistir (en días e en explicacións), a calefacción vai máis ou menos ben. Eu xa estaba contento por perder un pouco de vista a Winnie pero este 3 de Xaneiro pasado, pola mañá, viña de facer uns recados do centro e coincidín con el na porta do portal. O típico, eu coas chaves na man e el tamén. Foi máis rápido e abreu. A min non me deu tempo de entrar (ou non me quixen pegar a el o suficiente) e deixou caer a porta na miña cara. Tiven que abrir coa miña chave e sen dicirme nada subeu comigo no ascensor sen preguntarme a onde ía. Presionou o puto botón do 2 e pista! Deume tempo a contar ata cen para tranquilizarme.

Pregunto eu, non estarei ata as pelotas, xa, de contar números? Non merece esta xente un par de hostias? Ou un insultiño tipo "a ver, soplapollas!"? Que teño que facer nestes casos? Axudádeme! Vaime dar algo!

No que me quede de estancia nesta fermosa cidade do sur galego, o que Winnie The Pooh vai obter de min vai ser a ignorancia absoulta, o desprecio máximo. Nada de "Bos días!" Nada de "A que piso vai?" Nada de nada. XA ESTÁ BEN, JODER!

3 comentarios:

  1. Saúdao home, non sexas descortés...pero sóltalle un ¿Qué tal Winnie?...unha, dúas ou vinte veces se fai falla...ata que che salte. Entón chegou o momento de partirlle os dentes...ou facerlle o vacío...
    Desgraciadamente, hai moito subnormal polas comunidades de veciños do mundo adiante...

    ResponderEliminar
  2. opino coma moncho menos no final,nin hostias nin vacio,cando realmente lle chegues aos fuciños el so ten que abrir a boca para descalificarse a el mesmo,e tranquilo que o fara.

    ResponderEliminar
  3. Non é para tanto oh! Que non lle dou corte, algún detalle haberá... tipo cando vaiamos xuntos no ascensor, estornudar e poñer a man dous segundos despois... disculpándome claro... eu non son de dar hostias...

    ResponderEliminar