domingo, 30 de diciembre de 2012

A PANXOLIÑA 3.0



Hai unha banda de indietrónica ecléctica chamada Golden Silvers que sorprendeu bastante co seu álbume "True Romance" no 2009. Un dos seus membros, o teclista e vocalista Gwilym Gold, acaba de dar un paso de xigante en canto ao consumo de música do futuro. 

"Tender Metal" é o seu primeiro disco en solitario, co que pisa a lúa, gracias aos devaneos e mutacións ao bestia da realidade e gracias á colaboración do produtor e enxeñeiro de son Lexxx (Arcade Fire, Björk, Crystal Castles ou Wild Beasts). Xuntos sácanse da manga unha idea bestial, "Bronze", unha vía na que o material gravado por cancións ao uso desaparece e queda no seu sitio unha nova e única versión en cada escoita de cada un dos cortes. É dicir, cada escoita é autónoma e diferente, aínda compartindo a súa natureza xenética. É pop experimental en constante modificación que non verá a luz, en ningún caso, en formato físico.

Cada escoita é unha experiencia nova que interactúa co oínte e por ese motivo convírtese, baixo o meu criterio, na panxoliña 3.0 para este Nadal.

"Fleshbreeze" ou "Devotion" son algunhas das cancións que xa teño de balde.

En bronzeformat.com podedes atopalo e deixarvos conquistar polo mañá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario