domingo, 17 de marzo de 2013

"SOBRESEIMIENTO"


Hoxe quero falar dos xogos de palabras, de facer cousas cunha palabra, de descompoñer e compoñer, de deconstruir para construir, de analizar desde as curiosidades e as coincidencias lingüísticas.

"Sobreseimiento" é unha palabra en castelán, asociada ao campo xudicial e con dobre acepción en función da súa tipoloxía digamos. Se é "libre", fai referencia segundo a RAE, a "que por ser evidente a falta de delito ou a irresponsabilidade do inculpado, pon término ao proceso con efectos análogos aos da sentencia absolutoria". Se é "provisional" quere dicir "que por deficiencia de probas paraliza a causa".

"Sobreseimiento", Que medo me dá esta palabra! E que preto estamos de oíla, me temo, en canto ao caso Bárcenas e aos seus amigos do PP. Se isto sucede será outro exemplo máis de ineficacia do sistema xurídico deste país… e xa van unhas cantas…
Co descarado avance das desigualdades sociais, políticas, culturais e económicas que a dereita neoliberal propugna desde os seus sillóns de pel, non fai falta máis que unha pinga extra de merda para afundirnos de todo… e neste caso concreto non falamos dunha pinga exactamente, máis ben dun chubasco de merda.

Imos agora pararnos na propia palabra. "SOBRESEIMIENTO". Fixástedesvos o que sae se a descompoñemos en función dos termos con significado que temos dentro dela? Ben. Mans á obra. "Sobre-se-i-miento". 
"Sobre". Eses obxetos de papel para gardar documentos, diñeiro ou informacións postais. Non debería ser necesario que vos contase a relevancia dos sobres neste caso de corrupción, verdade?
"Sé". Presente de Indicativo do verbo "saber", é dicir, coñecer algo. Alguén, con un dedo e medio de sentido común, ten algunha dúbida de que os dirixentes PPopulares estaban enterados do asunto e polo tanto "sabían"?
"I". Letra latina que pasamos ao seu modo grego e convertímola na conxunxión "y".
"Miento". Presente de Indicativo do verbo "mentir", que ven a significar dicir o contrario do que se sabe, cre ou pensa. Máis probado non pode estar o feito de que estamos gobernados por mentireiros sen vergoña.

Curioso, verdade?


No hay comentarios:

Publicar un comentario