domingo, 24 de marzo de 2013

TERRORISMO contra TERRORISMO igual a TERRORISMO


Todo comezou co 11S.  Caeron as Torres Xemelgas do Rockefeller Center e boteime a tremer porque xa sabía o que viña despois naquel conto. Que momento tan espectacular, verdade? Dous tremendos edificios, un símbolo nacional e mundial, a bandeira do terrible capitalismo derruída pola ameaza árabe. 
Ese acto de enxeñería terrorista (queda saber por quen perpetrado… xa que a verdade OFICIAL non é a miña verdade…) foi a excusa perfecta (recibida con menos tristeza da que aparentaba, por certo) para que o neoliberalismo encabezado polos USA iniciase unha tremenda e inxusta ofensiva contra a humanidade.
O primeiro paso foi un ataque a Afganistán (en buca da ameaza talibá) baixo aquela frase para a lembranza na que George W. Bush clamaba "Dead or alive!" referíndose á captura de Bin Laden (que, a estas alturas, todos sabemos que non é o nome dun whisky), quen parecía adxudicarse a autoría do crime. Por alí se andivo, polas "lejanas montañas" (como dixo o do bigote) en busca do individuo e nada, non o atoparon. 
Por se este feito non fora xa un exemplo claro de tomarse a xustiza pola man, un acto da vinganza máis instintiva e impulsiva, unha mostra de forza dos máis poderosos, apareceron en escea os señores Blair, Aznar e Durao Barroso (lembrades a mítica foto nas Azores ao estilo western futurista onde o último que nomeei foi cortado?) para autoencumbrarse en defensores da xustiza e comezar, xuntos, un asalto a Irak (?) na procura das ameazantes armas de destrución masiva.
Pasado o tempo (cúmprense xa dez anos), miles de mortos (110.000 civís que parecen ter menos valor polo simple feito de levar turbante e 4.400 soldados ianquis), un gasto público enorme (co seu correspondente furado administrativo), un consecuente enriquecemento do sector privado estadounidense (coa implantación da nova democracia a través de empresas como KBR, Dyncorp, Triple Canopy ou as kuwaitíes Agility e Kuwait Petroleum Corp.) e un país sumido na miseria e no desgoberno absoluto (falta de servizos básicos, destrución de infraestructuras, actos de extrema violencia diaria e unha taxa de desmprego superior ao 50%).
Para celebrar o décimo aniversario deste consentido (por algúns) terrorismo institucional e gubernamental, apareceron uns vídeos de soldados españois maltratando a presos irakíes. Isto ben a engordar a extensa lista da sistemática violación dos Dereitos Humanos no que á tortura de presos se refire (podedes mirar o escándalo deo cárcere de Abu Ghraib ou o dos "buratos negros" da CIA… e algún máis de exércitos de outras nacionalidades). Faltábamos nós, os "españolitos", non íamos ser menos… xa estamos na merenda por completo. 
As imaxes mostran aos nosos soldados (de Coeficiente Intelectual -200) propugnando unha malleira antolóxica a dous presos irakíes e facendo brincadeira do asunto. NOXENTO! 
Unha vez máis, quero facer valer o meu dereito ao insulto contra aqueles que se saltaron a opinión da inmensa maioría e fixeron o que lles saiu das bolas. Sodes uns grandísimos FILLOS DE PUTA. Fillos de puta os que abusástedes dos débiles amparados nos vosos uniformes de camuflaxe. Fillos de puta os mandatarios estadounidenses, británicos, portugueses e españois que metidos nos vosos traxes de deseño (sobretallados, todo hai que dicilo) iniciástedes algo mentindo ao pobo e cuns fins escuros e criminais. E fillos de puta os poucos (pero bastantes) que apoiástedes en opinión estas invasións sumerxidos no partidismo carente de ideoloxía, de principios e da mínima humanidade.
Cúmprense, tamén, dez anos da morte do esquecido José Couso, un meritorio xornlista galego, así como do tamén xornalista Julio Anguita Parrado, quenes pagaron coa súa vida o noble acto de informar ao pegar con mísiles (estadounidense e iraquí respectivamente) de países aos que non lles interesaba que a verdade saíse á luz. O de Couso foi un asasinato de estado que aínda está sen resolver ( e así seguirá tristemente estando), un feito máis que puxo en valor que certos intereses están por encima das vidas humanas.
Non é necesario que diga que aquelas armas de destrución masiva nunca apareceron… e nunca apareceron porque sinxelamente non existían. 

O máis triste (e mirade que escribín sobre cousas tristes…) é que todos aqueles aos que lles adico eses "FILLOS DE PUTA", están tranquilamente nos sofás da súa casa coa súa conciencia intacta… pero non sendo víctimas das súas propias mentiras, senón pegándose un baño de inhumanidade recoñecida baixo unha idea de superioridade moral, económica e de raza coa que eu acabaría nuns segundos no corpo a corpo agora mesmo facendo gala do meu salvaxismo instintivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario