domingo, 9 de junio de 2013

VAGINA BEACH. HISTORIA DUN COÑO QUE QUERÍA SER NEYMAR.



Unha tarde de Outono, o señor Coño achegouse polo centro de depilación láser para adecentar e regular o seu estado estético externo, é dicir, a súa apariencia. Despois de cinco minutos de espera, entrou na sala e a esteticista preguntoulle como o quería. Dubidou uns segundos e contestou rotundo "Como o que acaba de sair!". Que? Que tipo de resposta é esa? Unha moi rara, desde logo, pero é a que foi. Pouco máis tarde, a función láser comezaba con eses "picores" en forma de trallazo moderno a cen euros a sesión. Outro pouco máis tarde e despois de aboar a cantidade mencionada saía fresco e camiñaba con calma polas estreitas rúas da cidade en dirección ao seu apartamento. É neste mesmo momento (que non "intre", que non sei o que significa) no que vos conto o resultado aparente da poda. Consistía na mítica e cada vez máis comercial (aínda que sexy) patilla de grosor medio por encima da ranura vaxinal. Parece que nesta altura de tempos, a patilla é o que se leva, o que lle gusta ás rapazas… e supoño que aos rapaces. A cuestión é que esta non era unha patilla calquera, era unha patilla especial… ou "Special", que queda máis internacional.

Cando chegou á casa, non se mirou ao espello nin nada parecido, tan só se deitou a descansar. Foi uns días despois cando saiu á luz no medio dun ambiente pouco hostil pero moi cálido de intento acertado de coito. Un pene erecto achegouse sen contemplacións á zona do Monte de Venus durante unha mañá de Sábado soleado. A luz dos raios asomaba polas regandixas da persiana ao tempo que, de entre as sabas saía un coño rasurado polos laterais e con abundante pelo polo centro. Que cousa! O ben chamado "membro" reculou uns centímetros ante aquela excéntrica e exótica novidade. Examinouna uns segundos e preguntoulle, na súa linguaxe, se se trataba dunha broma ou se o tema ía en serio. Respostou que non, que as cousas estaban así, que era un cambio de look necesario, que era tendencia. Pois nada! Non quedaba outra, para dentro e a calar! Algo había raro, non era a mesma patilla que o pene Pérez encontrara por ahí outras noites de forza ceibe. Alí había un factor diferenciador claro. 

Nunha tarde non aburrida de sofá e telefilme, descubreuse todo o 'cotarro'. Debaixo dunha agradable e leve manta, unhas mans xogaban a ser Moisés co señor Coño cando descubriu que a altura do céspede non era a normal. A patilla era tal, pero non era unha patilla italiana case ao rás da pel, era máis ben, unha patilla indie, con ben dose de pelo, con volume digo. Aquelo había que velo ademáis de tocalo e efectivamente, da calorciña interna saiu o señor Coño cunha cresta impresionante. "Pero que ven sendo esto?" preguntou Pérez nun conxunto de sorpresas que xa empezaban a ser habituais na súa vida. Non houbo resposta máis alá de "eeeeehs" e "aaaaaaahs" polo que lucidamente foi entendendo todo o que sucedía. O señor Coño estábase convertindo en Neymar, o xogador de fútbol do Barça con esa cresta tan peculiar. Como un acto reflexo de adaptación a circunstancias extremas, Pérez transformouse no micrófono de Sara Carbonero e aproximouse ao astro brasileiro con ganas de conseguir unha entrevista das que fan época pero non houbo resultado positivo. Neymar non quería a atención dos medios, non, estaba nese momento de interacción, máis ben estaba apático, era tempo de reposo e descanso, tempo de recuperación (lle chaman) e a Carbonero quedou alí pranchada, sen a súa exclusiva, sen satisfacer as súas necesidades. Parecía que viñan novos tempos de egos e aires subidos, de pedir cita para o contacto, serían tempos de formalidades. Que merda, verdade? Pois sí… e se non me credes preguntádelle a Pérez. Todo cambiou. Aquel señor Coño pasou de ser un tipo humilde a ser unha estrela mediática do deporte, sempre coidadamente despeiteado, como os pelos dunha vasoira. O que antes eran agarimos e roces, agora eran desprecios e ignorancia. 

Pérez abandoou a súa ansia periodística e tirou o micro ben lonxe quedando identificado como un pegote de plastilina de perfil baixo sen ganas de convertirse en mármore. Desistiu. E Neymar a pasear dun lado a outro, tan crecido como ridículo, distante, sempre pensando nas súas cousas, alienado do seu antigo mundo sexual e máis pendente de facer Vichysoisse con Dani Alves ou de xogar entre os dous a dar toques de balón sen que caia a bola. 

Na actualidade, a situación é cada vez peor, cun Pérez marxinado e centrado no onanismo coa eterna e sempre agradable compañía externa de Lisa Ann, Holly Halston, Monique Fuentes ou Carmella Bing… segundo o día. Cun Neymar descentrado que cada vez pasa máis horas de manta e filme co seu colega Alves mentres o seu complemento morre de envexa fronte ao ordenador. Non hai solución á vista mentres Neymar siga sendo Neymar… só queda que acabe con ese longo de cabelo das partes baixas sen escusas, que se pase ao rollo standard e que se deixe de extravagancias tendenciosas e de cremas vexetais, ahí fóra hai todo un mundo de rabo de touro agardando a ser comido. Queda eso ou o divorcio. 

Vaite Neymar! Volve Fonsagrada Pussy! "He loves you!"… e o que é máis importante, "He miss you!"

No hay comentarios:

Publicar un comentario