domingo, 15 de diciembre de 2013

TODO BEN ATADIÑO (PASIÑO A PASIÑO)



Non vou falar dos incontables recortes que estamos vivindo nos últimos anos en todos os ámbitos, mellor dito, non me vou poñer a enumeralos. Vou falar, en concreto de dous conxuntos que significan moitas perdas e que ven lamentablemente ligados.

Non fai moito, unhas semanas, oimos falar das intencións do PP de instaurar unha Lei de Seguridade Cidadá, que non é máis que un estrito orde público imposto polo Tea Party "Serrano". É dicir, que os logros acadados por moitos durante a historia en canto a dereitos como a libre expresión ou a manifestación (valores altamente democráticos) serán actividades criminosas dentro de pouco tempo. Limita o dereito a reunión, endurece as penas e as sancións por actos de protesta e desobediencia e facilita a expulsión de inmigrantes en situación irregular. Por se fora pouco, o Consello Europeo deu a voz de alarma e declarou que vai ser unha lei moi problemática, xa que considera que ese tipo de restriccións non son necesarias nunha sociedade democrática como a nosa. O que diga o zampabolos do ministro de interior, Jorge Fernández Díaz, como podedes entender, non é moi relevante. Un home que fala das coitelas de Ceuta e Melilla como instrumentos que causan "feridas leves e superficiais" e que son "un elemento de disuasión non agresivo" non merece máis que douscentos roces desas coitelas na súa bolsa escrotal.

Ben, pois agora chega outra proposta destes amantes das liberdades PPopulares: A Lei de Seguridade Privada. Os vixiantes de seguridade privada van ter potestade para identificar, rexistrar e deter a cidadáns na vía pública. De risada! 
En principio, e desde un punto de vista meramente estético faime graza. Non poido deixar de imaxinar a esa tropa (con todo o respeto) de Magnums, Perry Masons, Chucks Norris, Steven Seagals de peto con máis poder do que tiñan. O que lles faltaba! Porteiros de discotecas, seguridade de grandes almacéns, de concertos, de congresos… jajajajajajaja
Pero en fin, en realidade é un tema moi serio. Non fai falta ler moito para darse conta de que a seguridade e o control da cidadanía debe estar a cargo do Estado, por moitos e evidentes motivos.
Tres cousas. 
A primeira. Interior afirmou que esta lei "consolidará un sector en pleno auxe". Eu digo que, se está en pleno auxe, deixémolos camiñar sós, que o fan moi ben. Mais en realidade penso que non o está, que este tipo de traballos decrecen debido aos avances tecnolóxicos. Cada vez son menos necesarios. Ou acaso cando os vedes nos diferentes lugares nos que traballan están facendo algo diferente a meter o dedo no fuciño ou a mirarlle as cachas ás que pasan? En realidade, tampouco poderían facer moito máis con esas ap(ac)titudes. 
Segunda. Gustaríame que me explicaran (sin "en diferidos" e cousas desas) que criterios seguen para facer análises de sectores en auxe e en declive á hora de botar mans ás empresas tan surrealistas coma estas. Á seguridade privada sí, ao naval e á minería, por exemplo, non. Curioso… Se lle preguntan a Ana Mato, seguro que se lle ocurre outro sector á alza, os organizadores de aniversarios.
Terceiro. A cultura do medo. En dobre sentido. Por un lado, o medo que queren meter ás persoas para que non se movan e reciban todo como ovellas, convertíndoos en obxectos pasivos, alienados da realidade na que viven. Por outro, o medo que estes políticos conservadores (por ser suave) teñen a posibles respostas sociais da cidadanía ante a criminal merma (ou aniquilación) de dereitos  que está a sufrir. 
En definitiva, unha medida que profundiza no afán privatizador do PP e que non é máis que un interese económico nese pozo sen fondo que é a "porta xiratoria" que enfía cargo público con boísimo posto privado. E outro fin fundamental, o autoritario, a imposición, que non é que lembre, senón que se mete de cheo na época franquista.

Pero nada, o que o di, resulta que é un puto protestón. Non me importa, asumo o rol que me toca. Sempre é mellor iso que ser un "mamacolloadas burguesas" ou un "bragacaída para que me la metes hasta dentro (sin anestesia que ya veo la tele bastante)".

No hay comentarios:

Publicar un comentario