domingo, 22 de junio de 2014

GEZELLIGHEID



Esta rara palabra para nós, "gezelligheid", é unha particularidade neerlandesa e unha das marabillosas razóns para visitar Amsterdam. Se falamos de sinónimos que nos axuden a entender, temos "acolledor", "amable", "informal", "sociable", "con xeito", "agradable" ou "ao gusto".
Este concepto, "gezelligheid", que é o estado de sentirse gezellig, é máis doado de sentir que de definir.  Implica unha sensación de tempo detido, unha intimidade do aquí e o agora, que deixa todos os problemas atrás (polo menos mentres dura este estado).
Pódese vivir esta cálida e difusa sensación en numerosos lugares e stuacións da cidade. Unha cervexa á beira dos canais, unha torta doce de mazá entre candeas, un café nunha terraza, tumbado nun parque, navegando, camiñando polas estreitas rúas...
Desde logo, isto é o que máis me chamaba a atención de Amsterdam. Durante toda a viaxe, tiven unha sensación que non sabía definir, unha sensación do máis pracenteira, vivíndoa en primeira persoa e vendo vivila. Claro, era o GEZELLIGHEID. En definitiva, saber desfrutar, saber divertirse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario