domingo, 1 de junio de 2014

POR DEBAIXO DE CERO


O día no que os esforzos das persoas se restrinxiron á dictadura da dieta alimenticia, comezamos a desaparecer. A outra dieta, a intelectual, non é que se descoidara, senón que se abandonou por completo. Comezaba o tempo no que lucir un par de abdominais dá prestixio, o tempo no que as lecturas son como as vacacións, escasas. "No tengo tiempo para leer" din moitos cun tono apenado moi hollywoodiense e penso mentras falan "por que non secarán o pelo despois do ximnasio?". Peituga de pavo con arroz, brécol con patacas cocidas, ensalada de canónigos con noces, crema de allo porro, batido de froitas, tortas de arroz… Na boca entran sólidos de calidade que botan relatos orais ridículos, estruturas mentais vergoñentas e esquemas entrecortados de ideas. Cocido galego, caca. Churrasco, odrada. Callos, prohibidos. Báscula, imprescindible. Anacardos, salmón, aguacate, moi grasos. Marina, Zola, Valente, Leibniz, Ford, Aramburu, Hamsun, Céline, Spinoza, invisibles. Escuridade mental, seguro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario