Escribir a palabra follar no comezo dunha Biblia.
Ler a Knut Hamsun ata as cellas de xarope.
Comprar marmelada de froitos vermellos e usala como obxeto de decoración.
Romper un floreiro contra o chan e refacelo coma un puzzle.
Verter chocolate quente nunhas tetas e deixalo secar.
Cambiarlle os zapatos de pé a un taxista.
Falarlle en inglés ás amigas de túa nai.
Cantar o Only you en roupa interior na sección de carne dun Froiz.
Deixar medrar o pelo para aforrar en cortinas.
Meter moedas de cinco céntimos polo fuciño.
Rosmar coas boas novas.
Facer colares de pezas dentais sen agardar a que caian.
Camiñar cunha chave inglesa no peto traseiro do pantalón.
Bordar a palabra elegante nas camisas de meter por dentro.
Meter as chaves da casa no tubo de escape do veciño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario