domingo, 22 de mayo de 2011

ALCUME=APODO=NOME


As persoas nacemos con nomes que nos poñen nosos pais e nais. Tomás, Eulalia, Ernesto, Xan, Sonia, Carmen, Roberto, Eneko, Adela, Fabián, Sixto, Sofía, Efrén, Eliseo, Rosa, Esteban…
Uns gústannos, outros non, e temos que vivir con eles toda a vida, pegados a eles, contestar cando alguén nos chama, subir á tarima na clase cando os escoitamos, cubrir un montón de papeis con eles xunto á dirección e resto de datos obrigatorios… e moitas cousas máis.
Estando dacordo con eles ou non, podemos facer o asunto máis levadeiro e inventar apodos do máis variado que… nos fan a vida divertida.
Para min sempre tivo un atractivo especial eso de renominar ás persoas e ahí van uns cantos exemplos.

RAMÓN:
Ramón é un tío minimalista, decorador de interiores, alto, con ollos claros, amante da roupa de Zara e da de Armani. Ten un dos apartamentos que máis dá que limpar do mundo.
Chamámoslle “Monda” sobre todo, que é unha unión de “raMON DA carretera” porque vive na estrada que nos leva de Foz a Burela. Tamén tendemos a facer o diminutivo e arreámoslle un “Mondi”. Cando a cousa se pon elegante, sacamos un “de la Carretera”. E cando se pon en modo vellouzo ou papá, “Arturito”, por seu pai. “Mondita” é o máis elitista e só algúns teñen as pelotas de chamarllo sempre (como Jorge). “Collós de kika” venlle da súa mimetización coas galiñas que tan ben coidaba (as que lles facía auténticos pazos para poñer os ovos).

JORGE:
Jorge é un surfer (corchero de merda claro) que traballa nun banco, tamén con ollos claros, que xogou no Alfoz de fútbol e nos Celtas de baloncesto.
“Tuning” é o seu apodo principal e éo porque conduce moi ben aínda que ás veces culea moito co coche de diante. Polo resto, non ten nada que ver con eses alucinados que queiman asfalto. Nunha época foi “San Martiño” polo atolado dos seus razonamentos. Tamén foi “Topito” e non sei o motivo… e “Gica” que é George en rumano (recordades a Gica Hagi ou Gica Popescu?). Cando a ocasión require seriedade optamos por “Núñez”, o seu apelido.

EMILIO:
Emilio tamén é corchero, baixo, moreno, electricista profesional e cun culmen vital cando colocou a caixa de son dun timbre por fóra da casa.
Meu deus! Coñéceo todo cristo por “Tobaneco” (apodo familiar) ou por “Parral” (tamén da familia). Por outra parte, temos “O Páxaro Negro”, “O Páxaro Mouro”, “O Black Bird”, ou “O Páxaro” (a secas) pola súa similitude de persoalidade co corvo do filme (“The Crow”). Foi “Cañerías”, “Cú de Pastromada”, “Zurro”, “Cagada Descomunal”, “Lumacha” e “Silo” á vez, cando nunha noite de verán, estando nunha terraza dun piso, nos meteu a todos para dentro dun peido. De vez en cando, cascámoslle un “Milton” (por un negro que había en Foz e que se tiraba aos coches por cinco pesos), un “Milo” (cando fala do Real Madrid ou sen pon en modo fucker) ou un “Bruce” (polo cantante americano que fixo célebre o “Born in the USA”). Particularmente tenro é o seu alcume “Arrilio”. Por parecidos físicos, decantámonos polo seu “Guti”, tan polémico como sexy. Tamén ten “Parratxo” que ven de euskerizar unha unión entre Parral e Páxaro. Na súa época de violento nocturno, tivo a sorte de facerse dono de “Chuck” (por Norris), de “Tony King”, de “Antonio” (por Anglés) e de “Parricida” (tamén xogando co de Parral). Cando se pirra pola música e lle apetece pinchar (no Barri sobre todo) é “Dj Kabozo” e desplega as súas mellores armas. "Emily" convírteo nun tipo moi cuco.

OSCAR:
É irmán de Emilio, medio centímetro máis alto que seu parente, corchero (dos malos ademáis), con pelo loiro e fan de Los Secretos.
Ten uns cantos apodos, “Yili” (polo seu carácter guerreiro), “Tele 5” (por nada en especial… só que mola imaxinalo grabando cunha cámara desa cadena mentras Jorge Javier Vázquez entrevista a Belén Esteban que á súa vez se quita pelotillas do chirri), “Cocaína” (aínda que é antifarlopa, a sonoridade da palabra, vaille que nin pintada), “O Páxaro Rubio” (por ser irmán do mouro), “Concar” (non me preguntedes), “Los Pilares de la Tierra” (cando se pon en plan culto e sae coas gafas de pasta), “Nabo” (un dos máis habituais e preferido de Juán Nécega) e “Pixo Nabo” (unha metáfora real que otorga clase e contundencia). Fai anos cando comprou un chaquetón dúas tallas máis grandes ca del foi “Tony Anipke”. Para o futuro vaille vir outro, “O OVNI”.



MARCO:
É alto, fillo de retornados de Suiza, con aspecto de crooner e membro da coñecida banda de ‘galerock’ Conejito Zombie. Unha lenda en vida.
“Marcos” é como lle chama Oscar (e non me explico que coas veces que lle dixen que se chama Marco, aínda non se entere). “Bloody” ou “Bloody Mary” é o seu apodo estrela e fai honra ao saboroso e personalísimo cocktail. “Enimem”, en cambio, é o que o levou á fama despois de timguirse o pelo de rubio intenso (co conseguinte sufrimento), “Amor Villarino” pode que sexa o máis formal, para ocasións de etiqueta e todo eso… xunto con “Amor” a secas.

ALBERTO:
É o vigués de adopción, un dos mellores tiradores de triples da pandilla, e tivo no seu corpo, nun tempo, unha terceira tetilla que daba moito xogo.
“Ene” é o resultado de quitarlle o ‘s’ final ao seu apelido. “Norberto” é a fusión do seu nome con ese seu primeiro apodo. “Walbert” é informal pero moi maduro, “Pantani” chegoulle cando decidiu afeitar a cabeza e meterse nas clasificacións dos maduritos máis sexys dos festivais de música e “Capitán Paleta” é o seu alter ego no mundo dos superheroes. “Silvia”, “Cindy” ou “Vanessa” son eses alcumes que despertan a parte feminina e sensible dun xenio coas tías do dedo pulgar (co que fai marabillas). “Bebeto” é o máis internacional, ese que se pon no teléfono móbil. “Albercio” é o clásico, o que abriu a veda. E “Colinas” é o que se gañou cando, despois das saídas nocturnas, se quedaba de resaca na súa casa da colina de Vilacendoi. “Sini” e “Sinito” foi cando se convertiu nun tío con influencias no pobo, un señor, un capo. “Silver” era o seu fermoso Citröen AX.

MONCHO:
É arquitecto, bastante alto, estivo na ‘Pandilla do Parque Blanco’, sacaba unhas notas de carallo, casouse, fai pouco, acaba de ter un fillo e tivo unha despedida de solteiro que non merece ninguén… por moi mal que se porte.
“Chomon” rescatámolo despois de que nos contara unha historia o seu amigo Juanrri (se vos fixades, “Chomon” é “Moncho” coa orde das sílabas intercambiadas). “Chocho” é un alcume que surxiu das súas escapadas Xógara-praia da Rapadoira (esquecendo sempre o condón na casa). “Chocho Víctor” veu cando nos demos conta que “Chocho” a secas era algo vulgar e metímoslle un segundo nome que aporta seriedade. “Collós de pega”, “Cú Escagarrizao” e “Cagada de Palometa” caéronlle pola súa pouca valentía cando facíamos trastadas (cagábase por el e escapaba co calzoncillo desfeito). “Jimmy Badén” é bastante apropiado para a súa actividade profesional e chegoulle ao mesmo tempo que daba os seus primeiros pasos profesionais. “Marido”, sorprendentemente, non se lle puxo cando se casou, foi previo e coincidiu coas súa madurez mental. “Gafudo” é polas enormes lupas coas que fixo a súa primeira comuñón. “Caeuche o periódico”, máis que alcume é unha frase que se lle aplicaba a modo se saúdo. “Achomonga” é un desfase provocado polo soso que soaba “Chomon” algunhas veces (este nome pode pronunciarse esdrúxula ou grave). Finalmente, “Matasellos” débello ao seu imponente dedo gordo do pé (máis grande que algunhas pollas chinas).

PABLO:
Unha estrela do basket mariñano, adestrador-xogador na actualidade, un tipo forte, o terror das veraneantas no seu tempo e fumador-exfumador permanente.
“Pony” é tan internacional que o outro día, pareceume que Cristiano Ronaldo o mencionou en algunha entrevista. “Pablito” é moi agarimoso, ideal para cando o queiras tratar como un fillo. “Paco” é a súa vertente dura, fumadora, carpinteira. “Pato” venlle de familia (“Os Patitos”). “Porky” venlle de que, para as rapazas, estaba tan rico como un porco. “Pacoti” é moi actual, moi fresco, moi directo. “Pony Lecquio” ven da época folloneti na que non lle chegaba unha caixa de doce de Control XXL para un finde. “Pochito” é como de Nadal, un apodo previo a un abrazo e “Mi Pochito Bonito” xa é o máximo da tenrura a nivel mundial. “Pocholo” foi un encargo surrealista que lle deu algunha alegría.


DAVID:
David ten unha axencia de viaxes, unha empresa de transporte, e de vez en cando, traballa no Santander. Ten máis clase e mellores modais que James Bond.
Aínda que “Dorado” é o seu apelido e o nome polo que é coñecido no estranxeiro, “Doris” é como lle chamamos a maioría da pandilla. “Deivi” ou “Dawiz” foron variantes do seu nome, froito da súa intensa época de actividade discotequeira. De “Semen”, “Desvirgueitor” e “Sexo” non se puido librar despois de non baixarse do cabalo en tres días nunha das romerías do Obispo Santo focense (lembro a Rita con maniotas, á Peipuz morreando sen descanso e á de Ana cun sorriso de orella a orella). “A Negra” digamos que é do máis quente, do máis sensual, o máis exótico, algo chegado da República Dominicana. “Chino Latino” chegoulle unha noite en Coruña, nun ascensor, cando estaba medio dormido e cun peinado de narco colombiano. “Lorigados”, en cambio, apórtalle un toque moito máis empresarial. “Cosita” é o seu toque máis experimental e feminino e “Loli” é directo e excéntrico. Non quero esquecer o apodo do antigo coche de David, “A Pasión”, un Seat Toledo vermelloque tiña un taller para polvear de carallo.

CARLOS:
Carlos é un manitas, un fucker na sombra. Foi posuidor dunha melena Pantene ata fai pouco, que se rendiu ao estilo Guardiola. A temperatura das súas mans pode chegar aos cen grados e a pinza que fai cos dedos dos pés, xa o quixera para sí unha chave inglesa.
Como bo xogador de basket retirado por lesión, tivo dous apodos: “Ice Man” (polo seu sangue frío nos tiros libres… non fallaba un) e “Microondas” (en honor a Vinnie “Microwaves” Johnson dos Detroit Pistons, pola súa capacidade de dar a volta a un partido en poucos minutos). Como mellor se lle coñece é polo “Tano” ou “Tanito” dada a súa habilidade para arranxar calquer aparato do fogar. “Tal y Cual” é o seu alcume familiar, que evolucionou co tempo hacia “Talicas” e posteriormente “Tali” (o seu nome máis internacional). "Chalanas" é para cando está desganado, grunger. Finalmente, “Charlie” é para cando se pon en rollo guaperas, coas súas ex e eso…

DIEGO:
Diego era o máis novo da pandilla ata a chegada de Darío. É aparellador en terras inimigas e sabe usar ferramenta, facer leña, pescar e lanzar bombas como Navarro.
Xa viña de serie cun alcume, “Hermida”, o seu apelido, que moitas veces viña precedido dun “Dieguito”, xeralmente en beizos de rapaza. Polas súas dimensións e accións reactivas, de rapaz puxéronlle “Bombilla”. E xa desde fai moito tempo convive con dous nomes, “Raidont” que reflexa o seu exotismo animal e “Telón” co que aproveita o tirón nas infinitas redes sociais nas que ten perfil. Como variante de “Raidont” tamén ten “Raidoni”, digamos que máis familiar.

ANTONIO:
Antonio non é de Foz, é de San Simón de la Cuesta e ao igual que os queixos da zona, gústalle afumarse. A súa chorbaxenda é tan grande que necesita unha mochila para levala.
Para nós sempre foi “Simpson” polo seu parecido con Bart (non polo pelo), aínda que dos seus anos de universitario en Madrid trouxo “Yiyi” que agora volve a cobrar moita forza. “Toñito” é para cando se pon rabeón e “Antoñete” é como lle chama Oscar para avisalo momentos antes de calquer puñetazo que solte. En cambio, un dos nomes que máis lle gusta a el porque ten que ver coa súa sensibilidade é “Britney”.

JOSE:
É estilizado como un pincel, con acento italiano (ERASMUS), amante da teta líquida, non lle gusta moito tomar o sol e leva moito tempo querendo montar algún tipo de negocio.
Jose chámase coma min pero nunca lle chamei polo seu nome. O primeiro apodo foi “de Mierda” que nunca tivo un matiz negativo ata que algunhas persoas llo deron (era máis ben un apelido composto que veu dunha proposta de merda que fixo na excursión de Mallorca en 3º de BUP). Aínda que non lle gustaba nada, pasou a “Demi” e despois a “Demiurgo”, un apodo dunha natureza suprafilosófica e cunha profundidade inimaxinable. Como é máis coñecido é por “Joséper” ou “Separ” (en inglés) pero esto non implica que de vez en cando deixe ver o seu lado máis camelador coas mulleres e se convirta en “O Dr. Amor”. Nun tempo, polo parecido físico, conviviu cun “Makaay”.

JOSE MOREDA:
É grande e forte coma el só, o seu físico está entre leñador e narcotraficante colombiano. Foi o batería de Conejito Zombie e socorrista de múltiples coitos no posto de socorro.
Todos o coñecemos por “Sacho”, un apodo moi contundente, aparello de labranza e especie de evolución do seu “Achu”, que á súa vez, viña de “Achukeda” (palabra inventada a raiz dun rap na congostra… con baile e todo). Nun tempo, e cun matiz serio, formal, chamouse “Josemo”.

PAULA:
É unha heroína na pandilla, defensora dos ‘Cuerpos y Fuerzas de Seguridad del Estado’ (sobre todo na cama), cando non ten fame papa catorce tostas con paté e ten uns ollos preciosos.
Era “Pauliña” por eso do rollo bondadoso pero cedo nos demos conta de que tamén tiña ese toque de leona e puxémoslle “Polla”. Non a agradaba moito e propuxémoslle unha opción. “Polla” ou “Geluca”? Elixiu “Polla” (normal!) aínda que de cando en vez permitímonos a licenza de “Geluca”. “Ana A Mofeta” durou moi pouco e entendo a situación (aínda amando o apodo) pero non enendeu que era algo para a intimidade. A partir deste punto viñeron cousas como “Pollote” ou “Pollómetro” que se extenden ata hoxe en día. Actualmente vive en Leicester (UK) e traballa facendo pan polo que cando penso nela é “Asun A Panadeira”. "Paulis" pona toda bruta e é o seu favorito.

MANUEL:
Manuel é de Marzán (como Diego) e é irmán do único skater de Foz. Aínda que é baixo, nas canchas de baloncesto facíase grande. Encántalle inventar obxectos como o “pitillófono” ou o “bucata” e agora vive en Navia de Suarna
A min gústame especialmente chamarlle “Manuel María”, como o poeta porque cando quere ten unha estética moi literaria. Deso ven “Manuelma” que ten un toque máis snob. “Maneli” otórgalle ese toque fantasioso que tanto lle gusta, sobre todo con cubatas encima da mesa. “Manel” é máis serio carallo! (por exemplo para as opos é “Manel”). “O Caracas” e “O Caraqueidia” é máis informal, relaxado digamos. “O Putas” non é porque lle gustara ir a prostitutas, é porque foi un Don Juan e gustáballe que o trataran como unha puta trata aos seus clientes… e non ao revés. No argot balocestístico era “Manu León” (e tamén coas tías, por que non dicilo…) mentres que de familia venlle “O Polaco” que a veces vai hacia “Polakis” sen o artigo. “O Panadeiro” veulle do seu gusto e necesidade por amasar tetas de dimensións estratosféricas.


CARLA:
Carla é a miña chavala, ou eso creo. É loira, xoga ben a bádminton, gústalle a moda e por extensión gustoulle Sienna Miller, logo Aggnes Deyn e agora Alexa Chung. Ten unhas peras preciosas eunhas mans moi diferentes ao resto.
Na intimidade decántome moitas veces por un “Paco Lodeiro” que sempre é contundente, ou por un cheo de agarimo “Zorrita” (por pilla). Chmámoslle “Charlie” pero tendo en conta que nese momento non lle estemos chamando “Charlie” a Carlos tamén. Unha variante é “Karluxi21” pola parte que vai antes da arroba no seu mail. Na pandilla foi coñecida, antes de entrar nela, como “18” por algunha noite que a vimos bailar nunha disco cunha camiseta que tiña ese número á altura dos senos.

EVA:
Eva é a chavala de Diego, baixiña, morena e adicta á limpeza. Foi unha regular da Academia Anjo e nun tempo uneuna a Llúis o seu amor por Nirvana e na actualidade traballa como profe no cárcere da Lama.
Todo o mundo a coñece por “Paparuxa” (que lle ven do seu pai, “O Paparuxo”) ou “A Papa” (versión reducida que lle encanta a Antonio). Se vos encontrades con ela tamén lle podedes chamar “Sebaris”, que lle gusta moito a Diego, ou “Evax”, un apodo aplastante, forte, cargado de sonoridade e que casa de dez con “Raidont” (imaxinade un “Estades invitados ao enlace de Evax e Raidont”…).

ANDREA:
Andrea é profe de universidade en Oviedo. Estivo en mogollón de universidades de USA estudando o doctorado… e socializando en exceso polas noites. Ven de vez en cando por Foz e ultimamente sempre é das últimas en irse para a casa. Segundo dixo Oscar, estiveron a piques de liarse fai pouco pero Andrea pensouno mellor e meteuse no seu portal.
Como súa nai é de Uruguay e non lle íamos chamar Uruguaya, chamámoslle “Furuguaya” que mola máis. Para abreviar arreámoslle un “Furu” (moito máis tenro) e cando se pon vacilona, non o dubidamos, “Zarigueya” (que según me contou Eduardo Ablanedo, é un animal que morde orellas). Desde que estivo polas Américas tamén é “Andrew”.

CRISTINA:
A Cristina gústalle todo o que ten que ver co sexo, é mestre, foi moza-groupie do guitarrista de Conejito, é de novas xeracións do PP pero para equilibrar, é a responsable de coordinación lingüística do seu centro en Mondoñedo.
Como o toque nena de papá non lle pega nada, foi “Cristi” facendo así unha especie de antiapodo fenomenal. Puxémoslle tamén un alcume típico dos vellos do pobo, “A de Santi” por ser filla de Santi, un coñecido empregado do concello focense. Pero o nome que mellor a identifica é “Crispis”… e non sei o motivo… será polos cereais de Kellogg’s, que tiñan ese toque de crepitar no leite (e eso ten un toque picante, como ten ela). Nun tempo, chegou a ser “Priscila”. "Crisis" foi un apodo moi sentido... por cando rompeu con Lluís que os afundiu nunha depre semisentida.

ENRIQUE:
Este é un mestre da templanza, enxeñeiro químico en Madrid. Se te despistas un pouco, aparece en Atenas, en Shangai, no Cairo ou en Cordido. É un especialista en botar o pulso no Barrilete e gústalle facer cisnes e Bisbais cando baila.
Chamámoslle basicamente “Toronjo”, que é o seu apelido e que reducimos en “Toron”. Polo tamaño enorme da súa caixa torácica, encasquetámoslle “The Box” e como algunha vez se despista (ou desconecta de nós) denominámolo “Torrijas”. “Quiquito” é un alcume sensual, que lle encantaba ás nenas dos disco-pubs, mentres que “Paquito El Andaluz” (pola orixe de seu pai) é o seu nome máis festeiro, aquel que usamos cando pasa dos mostos e empeza cos gin & tonic. “Quique Supermix” levouno á fama musical local. “Cisne” é pola súa elegancia de ballet cando fai esa figura bailando. E, finalmente, “Fabeiro” (o dono dun tanatorio de Foz) fai mención á súa sobriedade cando viste de gala, moi alemá, con traxe gris escuro, camisa azul e corbata vermella collida con clip. "Torena" foi un triste alcume surxido das cinzas, polas pasadas que lle pegou á xente.


DARÍO:
Como dixen antes, o máis novo do grupo. Era moi delgado… e continúa sendoo pero agora ten un pouco tripa de Biafra. É divertido, moi culé e cada día está máis namorado de Sara… a súa.
O máis común é “Dayron”, porque é un gran seguidor de Gran Hermano, de Pepe concretamente e Dayron foi o seu mellor amigo naquela edición. Tamén é “Dardo” cando nos apetece… porque lle queda ben e está cheo de linguaxe subliminal. Cando andaba de rompe bragas, foi “A Chica de Fresa”, algo que o mantiña desperto. “A Perra” e “A Rastrera” son para aqueles momentos nos que se sinte desanimado, triste e apático. Recoñecido como “Princesa” en modo romántico. Tamén está guai chamarlle “Daariiiii” cando hai rapazas cerca. Quero lembrar neste foro unha ocasión, en Lugo, na que en vinte minutos posuiu máis de cen apodos postos por min e Marco: “Nevera”, “Transistor”, “Fulana”, “Marrana”, “Limón”, “Perecedero”,”Eficaz”, “Motocross”, “Yogurt”, “Pantalón”, “Coqueta”, “Cariño”, “Idioto”, “Cabrona”, “Sustancia”, “Olor”, “Charita”, “Cremallera”…

ALEJANDRO:
Alejandro vive na Curva dos Negros, ao lado da Rapadoira. A veces ten unha perilla longuísima, gústalle Fito, foi o rei de Juniors e foi unha das cabezas pensantes dos proxectos “Tres chicos y un trol”, “Los de la outra vez” e “Los vigilantes de la noite” (I e II).
Chamámoslle “Calvín” porque é o seu apelido de pai e “Campa” porque é o de súa nai. A raiz do segundo saiu “Campanillo”, un alcume cheo de vida e moi arraigado ao pobo. Tamén mola arrancar cun “Calvin” pasándoo ao inglés.

TANIA:
Irmá de Diego, moza de Antonio, ex-xogadora de basket e agora vive entre o Camiño de Santiago. Cre todas as trolas que se lle contan, ten a voz máis doce do panorama focego e o seu postre preferido é o queixo con marmelo.
"Wally", "Piedrahita" e "Thais Villas" caéronlle polo seu parecido físico, coas gafas, delgada... "O Tanio" é bestial, moi sonoro e forte. O que menos lle gusta é "Sergio Ramos" (non me estraña) pero non llo chamamos moito porque é guapa, joder. "Xusto" (nome do seu pai)que aínda que tamén é de Diego quédalle mellor a ela.

LOLA:
Lola é de Ferrol, é muller de Moncho e chegou para salvalo dun fracaso vital cantado. É segura de sí mesma, avogada e cunha risa máis escandalosa que as gafas do seu noivo.
Algunha vez chameille “Dolores” pero dame que non lle gusta moito, non sei a razón… para min é precioso. “Loli” é outra opción, moi alegre, distendido e non lle pega nada, o cal lle dá, se cabe máis valor ao alcume.

GUSTAVO:
Gustavo foi o neno máis inquedo do pobo, un auténtico sin vergoña que destrozou aos profes de Anjo e co que era dificil non mexarse coa risa. Agora é membro de Black and Decker e estuda en Xixón.
Tamén lle chamamos “Guti” ás veces, pero non polo futbolista, senón por Gustavo. De seu irmán, herdou un par de alcumes, “Wesley” e a súa abreviatura “Wes” que para non confundirnos queda no xenial “Gus Wes”. O normal é chamarlle “Gus” simplemente.

GEMA:
Gema é morena, viviu en Coruña de nena e por ela andiveron colados Monda, Moncho e Alberto. Oscar, en cambio, aínda anda por ela pero sabe que non ten nada que facer porque ten mozo: Miguel (“Miqui”, “O Pulpo”, “Muimenta”).
Non sei se é unha sorte ou non pero chamámoslle xeralmente “Gema” aínda que a veces, cando nos poñemos divertidos soltámoslle un “Gemax”. Eu propoño desde aquí chamarlle “Ana Brandariz” porque lle pega mogollón e dá sensación de tipa importante… que a é.

ANA:
A Ana coñecina de moi neno, gustáballe facer trastadas en Casa Moreda, nos faiados, sempre foi pequeniña, vaise casar nuns meses con Diego e cada día parécese máis a súa nai (polo que cada día está máis guapa).
É para todos “Ana de Pola” porque ao empezar o instituto foise vivir a Pola de Siero (Asturias), aínda que de vez en cando mola chamarlle “Medela” (o seu apelido) ou “Méndez Medela” (os seus apelidos). Houbo un tempo no que tamén foi “Ananás” (boísimo, por certo).

LAURA
Laura traballa nunha farmacia, foi moza de Gustavo, cando se ri contaxia e participa activamente no Entroido focense. Tamén estivo liada con Manuel formando unha das parellas máis memorables da pandilla.
É “A Gata” por ser irmá de quen é e “Loreto” por ser filla de quen é. Dous alcumes guais e un deles pode convertirse en “Loretis” en función da situación.


Hai outras persoas que pasaron pola miña vida e que tamén foron recibindo apodos como quen reparte barras de pan. Así Bernardo foi “Rrorran”, “Deposito”, “Bedarno”, “Benadito” ou “O Rrorro”. Jorge o de Trabada foi “Maikel”, “Maik”, “Chaik”, “Varela” ou “Jorge” (un retorno ao nome de pila que foi o máximo da época en alcumes e que provocaba a risa). Pedro Monteserín foi “Peta”, Rubén Pernas foi “Persibal”, Esteban Gómez foi “Tébany”, Julián foi “Julero”, Iria é “Iris”, Lanzós foi “O Zoco” e “Lodos”, Lorena é “Lorelai”, María Serrano é “Carbonelli”, María é “Meris”, María Cociña é “Kitchen”, Rebe e Noel son “Rebex” e “Nowel”, Rosalía e Tamara van ser “Rosalie” e “Tamix”, Iago e Belén son “Iagos” e “Pistona”, as Lucías son “Luchis”, Nidia é “Nídix”, Gerardo (esa mistura entre Paquirrín e Cristiano Ronaldo) é “Gueri”, Juanjo foi “O Johnny”, Melva (a irmá de Walter) foi “Cú de Pexego”, Patricia Freire (a irmá de Oliver) foi “Maos de Lixa”, o pailán de José Fernando é “Alfonsito El Violador”, “O Pao” foi “O Pao”, o veraneante ese foi “O Cocodrilo”, Marta é “Martas”, Rubén Pérez Val foi “Bull” e “Reverendo” e Fernando foi “Fernandito Muiñeira” ou “Doris… ai, non… non é”.

O único que espero é non ter esquecido a ninguén… pero xa sabedes como vai esto…

Aquí acaba este repaso de nomes, alcumes e apodos dun grupo de amigos que a veces non se ven, outras si, a veces acaban a hostias, outras non, a veces romperon lazos, outras uníronos de novo, uns coñecíanse desde pequenos, outros foron chegando polo camiño… pero que cando se ven, sempre teñen tempo para tomar un viño xuntos e vacilarse, amarse, insultarse, quererse, non quererse, discutirse, pegarse e en definitiva, ir tirando.

1 comentario:

  1. Olé!...Un fantástico repaso xeracional a través dos apodos...Éste hai que gardalo en favoritos....

    ResponderEliminar