As citas non deberían ser algo obsoleto, non deberían ter data de caducidade. Desgraciadamente, quenes caducamos somos nós, as persoas e, precisamente por eso mesmo, non debemos deixar de emocionar a quen queremos. As citas son os poemas que algún leva dentro e que non se convirten en palabras, máis ben en feitos. Son pedazos dun mesmo que quedan na mente do outro, agasallos sen máis prezo que o esforzo, realidades nun mundo de soños… As citas son aire, son sangue, son corazón, son luz, son verdade, son paixón, son bágoas, son esperanza, son pel de galiña, son ilusión.
Cando penso nunha boa cita, entre outras, penso en Londres e alí transcurre a miña, entre as estacións de inverno e primavera, esa parte do ano en que saen os paxaros cos primeiros raios de sol e o frío e saudable. Xusto nese tempo proporía este encontro, por escrito, nun telegrama, como unha sutil persuasión:

Cada unha daquelas sensacións era única e só eu sei o que pensaba naquelas mañás e tardes. Primrose Hill pode contar a historia de moitas persoas como min ao longo da historia. Os Beatles (que a ti che gustan, non?) escribiron ahí algunha canción por exemplo.
Non me importaría nada que vivises esa situación tan guai ao meu lado, ali... os dous no banco, coa xeada da mañán cedo, sen falar, só observando e oindo como pasa o tempo, un momento irrepetible, mirarnos, reirnos e seguir disfrutando en silencio. Estaría ben...

Pouco despois baixaríamos dando un paseo polas rúas ata Soho Square onde colleríamos un par de caramel macchiato e montaríamonos nun bus hacia o este, hacia Shoreditch e os seus mercados de roupa e obxetos modernos. Revolveríamos polo Brick Lane Market, polo Spitalfields Market, imaxino que faríamos algunha compra e cunhas cantas bolsas colleríamos outro bus hacia Covent Garden, onde, á noitiña, desfrutaríamos dalgún espectáculo en directo ao aire libre, mentras eu polo menos, fumaría un cigarro lentamente.

Alégrome de haber escrito esto porque agora estou un pouco máis contento despois de imaxinar ese día. Imaxínomo e doume conta e vexo claramente o que me costaría volver despois deso ao día a día.
Besos”.
Esta é unha proposta, un grao de area na nosa praia…
Gústame a proposta, moito.
ResponderEliminar